segunda-feira, 13 de outubro de 2008

Recollida selectiva

Despertei moi tarde esta mañá. Tiña o móbil na mesiña de noite, cando soou apagueino e continuei a perfeccionar unha letra nunha palabra do título, total por só unha letra deixo o tema rematado, cando estivo a tarefa lista acordei, mirei o móbil que xa estaba entre as sabas e pasaran corenta e cinco minutos, así que, como todas as mañás, erguínme ás carreiras, metín os soños da noite nunha bolsa de plástico lastrada no fondo cun ladrillo da parede, pecheina ben pechada e baixei con presa cara ao táxi que xa levaba un anaco a me agardar na porta. A uns quilómetros cruzamos El Harrach que separa Dar-el-Beida de Mohammadia, xusto no medio da ponte guindei coa bolsa que foi mergullarse nese río de augas bastas e escuras. Sei que non son eu só quen se desfai así dos soños chocos de cada noite, de feito lin esta semana no xornal que os veciños da ribeira comezan a desenrolar patoloxías oníricas, e que xa están fartos, que este mar sen marea non pode con todo e gran parte das bolsas quedan alí de por vida, e moitas rachan e deixan escapar esas deformidades que eles non teñen por que sufrir.

É certo que o fondo do río está a cada paso máis poluído e a miña casa ten cada día menos ladrillos. Porén, mentres non haxa unha recollida selectiva, nalgún sitio teño que me desfacer de tanto fracaso.

5 comentários:

Anabela Magalhães disse...

Bem pensada essa estratégia de deitar o que nos incomoda ao rio, tudo bem fechadinho num saco plático.
Quanto ao teu despertador dou-te um conselho... longe de onde lhe possas deitar a mão! Por outro lado... pensando bem... :)

Anabela Magalhães disse...

plástico

rui disse...

não, já, quando me deito tarde e tenho de acordar cedo já o ponho bem longe, ele faz "tú....tu-tu-tu-tú" e se não consigo levantar-me começa a me tutear com mais insistência, a chamar por mim com essa familiaridade que ele pegou sem licença. Outras vezes anda um com tantos trabalhos no sonho que hai que os acabar por muito que o telemóvel esteja a chamar desse jeito tão descortês.

O Raposo disse...

Esta claro que hai que por un contenedor mais, o que non sei é de que cor.

rui disse...

Está claro, da cor dos soños!