quinta-feira, 16 de outubro de 2008

Pobreza e culpáveis

Vin onte no blogue de oko, dornaretina, un aviso para unha presión dos blogueiros en contra da pobreza. E como máis vale tarde que nunca, deixo unha foto dos refuxiados que se veñen para o norte fuxindo a guerra, a fame, a violencia, non digo que veñan fuxindo a pobreza porque o norte tamén é pobre pero un chisco menos.

Coas riquezas naturais que hai neste país encóllese o corazón de ver xente pasando tantas necesidades. Hai que lle botar a culpa a alguén, por exemplo aquí o máis sinxelo é botarlla primeiro aos franceses e logo aos governantes actuais que criaron un réxime burocrático socialista (?!) no que a rendabilidade non é un parámetro a ter en conta. Fálase por poñer un caso dunha canteira na wilaya de Bouira, até hai ben pouco estaba en mans do estado que a administraba coa desidia típica de a quen o benefício nin lle vai nin lle ven. Pasou a ser xestionada por unha empresa mixta turco-arxelina e en dous anos obtivo máis ingresos que nos vinte anteriores. O beneficio é riqueza que repercute sempre dalgunha maneira no povo dos arredores.

Aparte do petroleo e o gas, o mercúrio, ouro, ferro, cadmio, zinc, fosfatos... producen uns rendementos anuais que dan vertixe a quen ten que pasar o mes con 110 euros por dez horas ao día de traballo. Claro que a miseria ten culpables, e non se pode dicir que sexa moi complicado atopalos. (cando menos moito máis doado topalos a eles que seguir o rastro dos millóns de dólares que foxen por corredoiras retortas cara ás suas contas)

3 comentários:

oko disse...

resulta moito máis factible no mundo de hoxe salvar á banca que diminuir a pobreza no mundo. tristemente. só que visto dende un sofá do norte resulta moito menos terrible que dende un país do sur, como o que ti escribes

Anabela Magalhães disse...

Pouca vergonha nojenta mesmo. O meu país também se degrada economicamente. Com uma diferença. Aqui a pobreza e a miséria estão mais disfarçadas, são envergonhadas.
Mas isto não está famoso.

rui disse...

Oko: Ben, eu aquí non creas que me podo queixar, vivo nun barrio dos mellores de Arxel. Aínda que prefiro Cangas, bien sûr.

A banca governa e fai cos nosos cartos as vendaxes para curar as suas feridiñas. Eles nunca perden, as suas aventuras fan miserable a moita xente, pero eles sempre están a salvo.

Anabela: no teu pais e no nosso também, a cada passo a classe dos miseráveis engorda e não há para ela a consideração que na Europa se tem para estes refugiados da foto (aquí eles também não tenhem vantagem nenhuma)
Falavam estes dias de subir o salário mínimo a 300 euros ao mês, uma utopia como dicer de o subir na Galiza a 3000 euros.

hemen gendearentzat gauzak ez daude erraza (isto é para oko, que seguro sabe máis euskara ca min)