sexta-feira, 17 de outubro de 2008

Os labores domésticos

Coso cos dedos bastos de labrador tentando tapar os buratos deste pantanlón que se foi gastando sen remedio, xa tan vello, e a pouca habilidade de costureiro queda patente nas manchas dun vermello vivo que pouco a pouco escurecen e afean a tela esfiañada, mas devagar vou colando cicatrices de fío que cando menos evitarán mostrar as partes que cómpre ocultar aos descoñecidos, para que os soños non se volten realidade e pasee de novo espido na rua, ou durma en coiros sobre o esterco da corte. Para que as intimidades non se esparexan sobre a erva como as tripas do soldado que ven de perder a guerra, xa para sempre.

Sem comentários: