sábado, 25 de outubro de 2008

Horas e días

Mañá Galiza terá a mesma hora ca min, e o computador no que nin pasei a pena de modificar a configuración rexional víndome aquí, xa marcará a hora verdadeira, non 21:40 cando aínda son as nove menos vinte. Aquí xa as noites comezan moi cedo, alí será unha entrada máis no inverno, de súpeto a ver anoitecer unha hora antes. Eu nada, mañá día normal, coma martes ou terça feira, é unha vantaxe o andar adiantado, así chégame o mércores pola tarde coa fin de semana debaixo do brazo.

Hoxe preparei unha super-tortilla de oito ovos, tres patacas descomunais, catro ou cinco dentes de allo e, como non, catro cebolas pequenas. Os pementos da tenda estaban un chisco murchos, senón houber posto un chisquiño de verde entre tanto amarelo. Por certo que o tendeiro preguntou moi discretamente, vous-êtes seul à la maison? non cré que sexa quen de comer tanto como lle levo, mais oui, bien sûr, des fois j'invite un ami, mais j'habite tout seul.

Antonte pasei pola porta do parque zoolóxico de camiño para casa e acordoume que xa había tempo que tiña ganas de visitalo, así que

Onte, para facer algo distinto de ler ou viaxar polos blogues, marchei alí ás once da mañá e voltei ás tres a casa, é inmenso, poucos animais e todo moi abandonado, non esperaba nada distinto a desidia é moeda corrente neste estado estatalizado. Iso non é o que quería contar, é inmenso, si, entre unha zona con dromedarios e elefantes tes que andar máis dun quilómetro até o recinto das feras, leóns, tigres e outros, e vas por unha estrada entre montes e campos, está cheo de parellas, que aproveitan o paseiño dominical para perderense entre os arbustos. Ai, particulinhas em suspensão no ar! e eu tão sozinho! Até cando farto de camiñar a subir e baixar costas cheguei a un parque de atraccións que botara raíces de óxido nos anos setenta e quixen beber algo, o do quiosco me dixo que era a hora da oración do venres, que tiña que agardar, ai, miséria. Así que din volta cara á entrada botando moitísimas cousas de menos (ademáis do refresco) ou mellor dito botando algunhas cousas moitísimo de menos.

Xa está.

5 comentários:

mica disse...

a soidade do zoolóxico desértico. é ben gracioso como o explicas. un saúdo desde a hora común.

rui disse...

Ah, Mica... xa me parecía a min que o teu nome me dicía algo revelador.
Un saúdo dende o país das cinco horas.

mica disse...

acabo de ler un feixe de posts teus todos xuntos e é coma se me prestases un cachiño desa túa estancia na cidade onde os xardíns arrecenden maxicamente pola noite e hai unha tenda onde venden de todo. apenas te coñecía porque son moi moi preguiceira para navegar por illas novas e agora mesmo prestoume moito.
entón, aquí xa quedo. gracias!

rui disse...

Eu xa hai moito meses que te teño linkada, gústame como escribes. E un día publicaches unha foto do meu lugar de traballo.
Benvida.

I LOVE YOU disse...

AV,無碼,a片免費看,自拍貼圖,伊莉,微風論壇,成人聊天室,成人電影,成人文學,成人貼圖區,成人網站,一葉情貼圖片區,色情漫畫,言情小說,情色論壇,臺灣情色網,色情影片,色情,成人影城,080視訊聊天室,a片,A漫,h漫,麗的色遊戲,同志色教館,AV女優,SEX,咆哮小老鼠,85cc免費影片,正妹牆,ut聊天室,豆豆聊天室,聊天室,情色小說,aio,成人,微風成人,做愛,成人貼圖,18成人,嘟嘟成人網,aio交友愛情館,情色文學,色情小說,色情網站,情色,A片下載,嘟嘟情人色網,成人影片,成人圖片,成人文章,成人小說,成人漫畫,視訊聊天室,性愛,聊天室,情色,a片,AV女優