sexta-feira, 3 de outubro de 2008

Sol e chuva



Tamén no sur chove, creo que está feito adrede, para que me sinta coma no país, tomando un cafeciño ao quente na casa e saíndo de cando en vez ao balcón para desexar que siga a chover. No caso de facer sol marcho dar un paseo, normalmente até alá abaixo, onde serven unha comida noxenta mas os postres e o café son decentes, de paso vexo as evolucións dos universitarios e asimilados executando a danza do pavón arredor das mesas delas. Como din aquí: normal!

Sem comentários: