sexta-feira, 7 de novembro de 2008

Agur, Aljer el-djaza'ir


E si, andábache pesimista, algo decaído podíase dicer, prefiro o outro estado de violencia emocional cando o meu vocabulario se fai do máis vulgar, a ira enchendo o noventa por cento das miñas horas todo polo traballo que nunca colle a forma que eu lle dou. Mas non se pode escoller, tocou abaixarse ao decaímento pasivo, en troques de deixarse sacudir pola mala hóstia que move o sangue todo.

É que son conservador.

Quero conservar todo o que me gusta, aínda que souvent o perda.

E agora hai que emigrar, agora que xa estaba integrado no barrio, na cidade, no traballo, marchar para o oeste, outro apartamento, outro ambiente, iso si, cervexa non falta na cidade do pecado.

Para a conexión á internet xa veremos.

Desta volta é definitivo, recoller a pouca roupa que teño, os libros, as sabas e o computador.

Tamén vou levar o pelador de patacas, collinlle moito cariño.

Os paxariños do oued non me collen na mala, botareinos de menos.

11 comentários:

Mariola disse...

Terrible a incertidume da viaxe, de tan necesaria, non?

rui disse...

Terrible, terrible, non... o que pasa é que xa me afixera á capital, o mes que vén faría un ano que cheguei aquí, e agora marchar cústame moito. Xa sei como é alí onde vou, por iso me gusta menos deixar definitivamente isto. Tampouco é tan grave, supoño que será enriquecedor, todo o que custa trae algún benefício.

Anabela Magalhães disse...

Estamos os dois de partida, se bem que o meu bilhete é mais um ida e volta até à capital do meu país.
Que a nova cidade te aconchegue tanto quanto Argel. :)
Bjs

oko disse...

os cambios sempre traen cousas boas

paideleo disse...

A ver se hai sorte e podes seguir co blogo.

paideleo disse...
Este comentário foi removido pelo autor.
O Raposo disse...

Sorte no novo destino, para ti e para o pelador de patacas!

Ra disse...

Seguro que promete. Buena suerte, y busque conexión ;D

rui disse...

Anabela, sim, os dois de viagem, mas tu já volveste, hei de visitar-te para saber como foram as coisas por Lisboa.

Oko, cando menos as cousas que non funcionan aquí deixarán de me preocupar. Alá sairei máis, máis bares, máis borracheiras, todo bo.

Paideleo, xa parece que a conexión dalá está de camiño, poida que pase unha semaniña ou así sen internet, mas logo hei de voltar.

Raposo, o pelador non ten dúbida, ha ter cenouras e patacas dabondo que preparar, e eu seguro que tampouco teño problema, mas éme unha peniña deixar isto, fora de Galiza nunca vivín tanto tempo en ningún sitio como en Arxel.

Ra, xa anda a conexión de camiño. Por certo a cidade é Orán, vou estar cerquiña de Andalucía, a 200 quilómetros en liña recta de Almería.

Anónimo disse...

ai mi má! que choromicas andas feito!!! co creativo que che torna o alcol!!! eu estou xa a esperar as tuas aleghrías! unha aperta transmediterranea corasón! e que disfrutes de orán e te deixes disfrutar!! ;-)

rui disse...

Ai! déchesme no punto fraco, si que son un choromicas, a cousa é que me colleu de súpeto, non esperaba eu este cambio. Cada vez vouno asimilando mellor, quizáis vaia un par de días a Constantine e logo faga a mudanza.
Biquiños, anónimo