sábado, 1 de novembro de 2008

Unhas fotos de Arxel


Duas fotos que tomei esta mañá no centro, veuse un día caralludo, saín a pe até Didouche Mourad e La Grande Poste, ao comezo do paseo crucei centos de policías, non estaba eu alá moi tranquilo, por se acaso levei o pasaporte, anbaban coas celebracións oficiais do primeiro de novembro, carros negros, de gama alta, con bandeiriñas de todos os países que veñen aquí levar un bocadiño da riqueza da terra, a lamberlle o cú ao senhor B. que por certo xa cambiou a Constitución para se facer nomear presidente unha vez máis, até 15 anos, mentres aos militares lles vaia ben pode seguir no poder ainda que estea morto e momificado.

Pasada a zona quente xa unha camiñata agradábel, soliño, xente de domingo, sen ser venres, é festivo, así que pareime moito nas vitrinas das librarías, entrei en Ibn Khaldun, gocei e merquei. Logo cafeciño no Miryam, outra voltiña vendo ferreterías e librarías, unhas horas de relax.

Tomeille por enésima vez unha foto á Grande Poste, para min é o monumento que identifica a Arxel, moito mellor ca o monstro que fixeron nos anos oitenta na memória dos mártires (vou pór unha foto del). E tirei tamén unha do hotel Albert premier, no mesmo largo da GP, edifícios deste estilo son os que lle deron a Arxel o sobrenome de Alger la blanche. Unha espiniña... son todos de factoría francesa. No día de festexar o comezo da revolución pola independencia non está ben lembralo.

2 comentários:

Anónimo disse...

En Alxeria celbra o 1º de novembro? E en que consite a celebración?

rui disse...

A celebración é só política, o de sempre discursiño do presidente e recepción aos embaixadores (y la nobleza de los alrededores, a la reina vuelvo a saludar cuando entre las piernas me vuelve a picar)(hóstias non puiden evitalo!) Conmemórase o comezo da revolución, guerra da independencia, creo que é o aniversario da primeira bala que matou un francés, 1954.
Porém, como sempre, as familias revolucionarias viven agora das rentas da terra (petróleo, gas, minerais...) e o pobo na puta miséria, mas, si, bandeiriñas brancas e verdes que non falten.