Chimpo! Chimpiño cara ao oeste, flis-flús, eu e duas malas, cara ás ceas con colegas e con viño, e ás birras en bares de mala malísima reputación. O computador e máis eu, flis-flús, e duas malas demasiado cheas de cousas que non precisamos. Meu tesouro! aí vamos os dous collidiños da correa, arrastando esas duas pesadas, ti e máis eu sozinhos, imos tentar aprender algo, ou facernos máis duros, ou rematar dunha vez por todas con esta aventura, volver onde meu corpo espido non escandalice, alá onde xa nada será igual, nunca nada volve ser como era, nin sequera será peor, só muda, todo muda. Guk bai ere. Nós tamén, imperceptiblemente, coma os xirasóis seguindo o sol.
Hala, marcho! Aburiño, Arxel.
Biquiños a todas e todos.
5 comentários:
Boa viaxe !.
A viaxe é o que importa, que sexa boa!
Boa viagem, Galego.
Que a estancia sexa boa.
vén vindo!
Enviar um comentário