segunda-feira, 10 de novembro de 2008

Días de amor

Hoxe, aujourd'hui, l-yom, hoje, mesmo podería dicer today, cheghei a casa ben tarde por cousa dun programa dobre-sesión contínua, ao estilo dos antigos cines Palermo e Avenida. E voltei canso, o xefe dicíame que logo de tanto traballo podería durmir ben e eu respondín que se fora logo dun polvo durmiría mellor. Mas o xefe é home, eu son home, os dous heterosexuais, así que ça ne nous avance en rien. E logo de facer media cidade a pe, de mala hóstia, para topar a oficina da compañía da luz e o gas, porque a factura nunca chega a casa, mas a orde de corte do suministro si que saben facerma chegar, aínda houbo o traballo de l-aachiya (le soir), que non me incomoda mas foi muito seguido. E volvín a casa coa sá intención de sustituir a cea polo labor humanitario de rematar coa solitaria botella de vodka que levaba unhas semanas aburrida ao lado do concentrado de tomate e os cartóns de leite. Non é que goste demasiado desta colonia eslava, prefiro o ron dos paises máis cálidos, porén non habendo pan bos son os bollicaos. E así me atopo, saio ao balcón para fumar un pitillo e volvo tropezando nos mobles e con dificultades para ler a pantalla do computador, este cabrón a medida que vou bebendo vai diminuindo a sua resolución gráfica. Há dias como hoje em que digo muitas vezes Algérie, mon amour! Ras le bol d'être étranger henaia (ici)! ou traducido em lingua vulgaris, até os ﺲﻧﻮﻳﻮﮐ de ser estranxeiro aquí! Pido a nacionalidade e as quatro mulheres que me correspondem a cámbio de um insignificante cachinho de pel!

6 comentários:

O Raposo disse...

catro mulleres e ron a esgalla eso ten que ser a hostia!

Anónimo disse...

catro homes e ron a esgalla eso ten que ser a hostia!

paideleo disse...

O beber fai mirar dobre. Eu penso que con duas mulleres ha de cheghar, ha, ha.

Anabela Magalhães disse...

Ó Rui, se uma mulher já vos dá uma trabalheira desgraçada!!!
:)

A Conxurada disse...

jajaja, pide, pide...que por pedir non perdes nada.

rui disse...

Raposo: o malo é que é ou un ou o outro, non hai mundo perfeito!

Anónimo: se os catro homes son catro amigos entón si que sería a hóstia. Se eu for muller seguro que había pensar tamén assim.

Paideleo: a solución é beber moito para mirar catro no canto de duas.

Anabela: não tinha eu pensado nos trabalhos, a bebida faz esquecer as espinhas, só estava a pensar nas pétalas! Inconsciente de mim!

Conxurada: ho, si, pedir pediría se for grátis, mas esixen un cachiño do meu corpo e o pouco que me queda de alma.