A xente dos papeis, para quen o teu traballo só é unha casilla enchida nunha folla que xa ten unha chea doutras casillas cheas e por encher, toma decisións para facilitar a sua tarefa: que os seus documentos estean limpamente ordenados nunha gaveta. Cando ti tomas atallos eles cabréanse, descádranselles as contas, e no mundo real as cousas funcionan, mas nos seus caixóns entra o desorde, coma unha cascuda no cuarto dun bebé, e cabréanse, e ameazan e presionan, mas a vida funciona e segue adiante pese aos seus estados de ánimo. Cando ti segues as suas consignas, eles son felices, creo que se corren de gusto, todo ordenadiño, todo casa.
Cando aceptas as ordes dos poderosos vermes comedores de celulosa, tes por seguro que as flores van apodrecer, eles nin se inmutan, xa teñen outras casillas, marcadas como "fora de servicio", o único é porlle a aspa dentro. O seu universo fica sereno, todo controlado. So que ti, que por sorte non vives a vida sen aire dos despachos, que tes a normal, a de todo o mundo, quédaste a velar o morto que apodrece á tua beira, e o cheiro afógate, mas qué máis pode ter, o que realmente importa (o que pasa á história!) son os papeis, o cotián é coma unha folla de xornal, pasa un día e xa non vale para nada, canto máis importantes son os seus arquivos, por favor, non me compares.
E tes que te facer unha razón, hai duascentas persoas que van padecer a podrémia, mas hai unha que celebrará esta noite cunha copiña de coñac o éxito que supuxo ter todas as cruces postas no sitio xusto, no momento adecuado.
3 comentários:
Nós por cá continuamos afogaditos em burocracia. Melhor, em burro cracia.
Odio a burocracia.
Tés unha encarga no meu blogo.
Anabela: bem sei o que vocês estão a padecer. Para mim não é tanto mas sou de pouca resistência e quando esses vermes venhem-me dar uma rasteira tudo se me desloca.
Paideleo: xa cumprín coa encarga. Voilà. Si, este meme fai soñar máis que o do último día.
Enviar um comentário