segunda-feira, 6 de outubro de 2008

Chinés coma min

Pasei alí unha semana e todos os días comprei filloas a duas rapaciñas que viñan cunha bolsa delas pola porta, a verdade é que non as daba comido todas, tampouco me enteraba de nada do que me dicían e non era quen de explicarlles que xa tiña dabondo, así que seguía comprando. Relevoume o R. no apartamento, el si fala na língua do país, e claro que as mociñas volveron petar na porta e sorprendidas preguntáronlle onde marchara o chinés da semana pasada, o que sempre lles collía dyoul.

E hoxe estaba falando co tendeiro, de paso que mercaba cebolas, e veu un asiático a por unha barra de pan. Díxome, mira, éste é chinés, sonche moi traballadores. Si, respondín, aquí son eles os que fan todos os edificios. Claro, rematou el, os alvaneis dalá téñenche un bo curriculum, non miras a muralla que fixeron!

3 comentários:

Anónimo disse...

...e mercès pelos somriures!

Raposo disse...

E ademais segura. Mira a de anos que ten!

rui disse...

Sabía que os galegos e portugueses tiñamos bos alvaneis. Agora sei que os chineses tamén, ou cando menos teñen moitos. Neste país son os que sacan a construción adiante. O comentario do tendeiro deixoume flipado, pois claro que ten razón, nunca o tiña eu pensado.