sexta-feira, 31 de outubro de 2008

Intuición e ecuacións diferenciais

Durante anos considerei a vida como un modelo teórico cun número de variáveis finito. Destas variáveis só un pequeno grupo delas tinhan un peso considerável para seren tidas en conta, o resto podendo ser desprezadas sen risco de alterar sensivelmente o resultado.

Ante qualquer encrucilhada só se precisava introducir os valores destas variáveis na ecuación diferencial apropriada para obter o resultado correto. Sendo así a toma de decisións sempre un proceso obxectivo e sen posibilidade de erro.

Porén, a experiência veu demostrar que algumhas das variáveis consideradas de menor peso, e que polo tanto non entraran na ecuación, condicionavan despóis dumha maneira ostensível o novo caminho marcado polo resultado matemático exacto, sen decimais.

Na atualidade o cálculo diferencial releguei-no aos procesos puramente físicos e no resto só me guio pola intuición xa que o tempo veu demostrar que é un sistema muitísimo mais complexo e con resultados mais fiáveis do que a simples ecuación diferencial, por mui elevado que sexa o número de variáveis en ela introducidas.

5 comentários:

Suso Lista disse...

Joder!, desde logo telo bastante claro. A min tamén me vai a intuición, posiblemente por que acertas mais veces que cando calculas, Saludos desde a Costa da Morte

carameleira disse...

lercho! que es un lercho!..e permíteme, rui, saudar ao suso! valiente onde os haxa!!!
que pequeniño é o mundo! e que ghustaso compartilo con xente coma vos, os dous!

rui disse...

Saúdos Suso, aínda esta mañá estiven asombrado ao coñecer o secreto da vosa fabada! Por se acaso, cando vaia á Costa da Morte hei pedir para xantar calquera outra cousa (deixareime guiar pola intuición).

E claro, muller, que che permito que saúdes! o que me deixa abraiado é... iso, o pequeno que é o mundo. Eu que tiña a teoría de que Galiza era un continente e agora vai resultar ser unha aldea!

Unha alegría, as vosas visitas. Grande.

oko disse...

ás veces a intuición tamén falla, e dá medo seguila sempre, sobre todo nas cousas importantes. ou polo menos iso me pasa a min

rui disse...

Ben, si, pode fallar, e os cálculos fríos tamén fallan, nunca, nin a ningunha idade estás libre de te equivocares, mas o bo que eu lle vexo á intuición é o de ser un sistema que emprega toda a experiencia que fomos adquirindo para analizar as posibles saídas, sen que sexamos conscientes de como o cerebro o fai, ten os datos e danos unha solución que non parece razoada, mas eu penso que si o é.
Que teñas sorte nesta encrucillada!