quinta-feira, 9 de outubro de 2008

Papá

Onte a noite houbo unha tronada de medo, e a chuva caía que daba gusto. Esta mañá seguiu a chover mas pola tarde saiu un chisquiño o sol e aproveitei para ir tomar café e tarta en Sidi Yahia, logo no canto de voltar directo a casa fun dar un paseiño até Bir Mourad Rais (Bermondraís, que lle chaman) e sabes, creo que me estou a voltar vello. Recordo milleiros de paseos que de rapaces demos cos pais, na Galiza e fora dela, e agora vexo que co tempo voume parecendo máis a el. El é de carne e oso mas semella un imán, e onde vai quedar pegado senón nas vitrinas das ferreterías, aquilo para nós non tiña ningún interese, agardabamos a sua pausa na camiñata, aburridos ou tentando amosar uns gramiños de empatía mirando a ferrallada, fea e allea ao noso universo.

Cando paseo por unha cidade eu adoito parar nas librarías, se están pechadas repaso os libros expostos a través do vidro, se están abertas entro e, cando valen a pena, podo ficar máis dunha hora a gozar, a escoller, a respirar o seu arrecendo. Sen embargo hoxe, en Bermondraís quedei parvo coa ferramenta que tiñan exposta na quincaillerie á beira da gasolineira, qué marabilla de carracas, chaves mixtas, xogos de vasos para chave de media ou un cuarto, extractores de rodamentos, alicates variados, desparafusadores de calidade, comíaos cos ollos, entrei e levei un xogo de puntas antivandálicas, allen, planas e estrela co seu adaptador para a makita, e quedei contento coma un rapaz no día de reis, pola módica suma de setecentos oitenta dinares.

Seguramente ha ser a idade. A terra ulía a outono, deben ser as follas a apodrecer no chan.

7 comentários:

Anabela Magalhães disse...

Concordo contigo. É da idade. É do Outono.
Beijocas
Excelente fim-de-semana

Moncho Pais disse...

Grazas por visitares "Os Mares de Irlanda". Con certeza a realidade plurilingüe do Estado Español é enorme, mais teñamos en conta que isto acontece na maioría dos países europeos.

IGUALDADE para todas as linguas. NON Á MINORIZACIÓN!

Un apreixo, Rui

rui disse...

Cando menos na Espanha a nosa língua está recoñecida, e o catalán e o basco, se coñeceras como é na França ías flipar, con razón dalí chegou a política centralista napoleónica. Non sei se coñeces o normando, eu vou alí todos os anos, nos libros de Maupassant aparecen frases nesta língua. Sen embargo alí considérana a fala dos pailáns, dos aldeáns. E así morre. Mas o bretón, o catalán, o corso, o basco, o occitano, o alemán de Alsacia non chegan ter nin un décimo das vantaxes que ten o galego. Cando esteas a morrer o mellor é que mires para o viciño que xa está morto. O caso é animarse un pouco.
Saudos, Moncho.

rui disse...

Anabela: nunca pensei que chegaria a isso, mas já ves, a idade aliada com o outono fazem coisas impensáveis há vinte anos.
Bom domingo, Anabela.

Ra disse...

Las librerías son los únicos ¿"establecimientos"? cerrados frente a los que me gusta pararme cuando llueve. Lo de las herramientas tengo que probarlo.

Un saludo.

rui disse...

Non creo que lle collas o gusto, eu é que saín desviado. É como se alguén me recomenda un partido de futbol ou unha feira de tuning, preferiría ir traballar. Ademáis hai infinitamente máis variedade nunha libraría, e sobre todo millóns de soños a agardar por un.

Ra disse...

También yo preferiría trabajar. Definitivamente voy a probar lo de la ferretería.
Por el Sur tenía que llover más a menudo ;D