quinta-feira, 9 de outubro de 2008

Se for millonario e extravagante


En resposta ao Paideleo vou poñer cinco extravagancias que faría se fose millonario, mesmo moi millonario, cando as necesidades básicas estivesen cubertas e o corpo só tivese o traballo de cumprirlle os caprichos á mente.

Seguramente tería un establo con todo luxo de comodidades para as vacas, e non, non lles poría uns altofalantes para que escoitasen música (teño un coñecido en Euskal Herría que si lla pon) eu poríalles unha persoa durante unhas horas ao día a recitarlles poesía, seguro que saía un leite cheo de metáforas e imaxes deliciosas, non habería nin que lle botar azucre.

Iría pasar un tempo cuns inuit dos de antes (non sei se quedarán) deses nómadas do trineo tirado por cans, comendo peixe cru e carne podre.

Tamén buscaría a maneira de botar unha tempada convivindo con algún povo da selva amazónica, aprendendo a cazar monos con cerbatana.

Faría unha marea no Gransol ou en Namibia. A traballar cas redes e o peixe.

Botaría unha mañá a empacar a erva seca e logo collería un helicóptero que en menos de media hora me levase á ría de Muros ou Arousa e alí iría bucear en apnea, para afondar sete metros e ficar inmóbil atrás dunha rocha agardando a super-maraghota dos meus soños. (uma maragota nada tem a ver com uma má garota)

Ben, seguro que se fose moi millonario se me ocorrerían máis cousas (d'autres en plus du retour aux paysages du bonheur d'adolescence), mas estas cinco si que tentaría facelas.

7 comentários:

Anabela Magalhães disse...

Excelente post, Galego. Tem graça que nunca pensei nesta possibilidade de, por artes mágicas, virar muito milionária! :)
Namíbia. Decididamente Namíbia, que tem um deserto lindo de morrer e que eu não conheço pessoalmente.
Beijocas
Fica bem

rui disse...

Eu também não conheço mas sei que os barcos galegos là vão pescar. Um dia falei com uma garota europeia que trabalhara em Windhoek, não tenho muitos dados do pais. Mas sei que a zona costeira é tudo deserto, uma combinação insólita.
Beijinhos, Anabela.

paideleo disse...

Fíxome gracia o das vacas escuitando música anque tamén teñen dereito,non ?.
Que bonito é soñar, non é ?.

rui disse...

Pois si que lla pon. Eu o das vacas enténdoo, o de lle falar ás flores xa o vexo algo máis surrealista, porque a vaca case é coma un home, un home tranquilo (se lle quitas a alma á vaca, claro) pero as plantas sonche algho paradas demáis, non sei se entenden ou non, mas se o fan tardan moito en reacionar, case tanto coma a parede, e ésta xa todos están dacordo en que o tempo de resposta é infinito ou un pouco máis.
Xa irei mirar as respostas dos outros citados a soñar en público.
Saúdos, e biquiños para o Leo.

A Conxurada disse...

A min como a Paideleo fíxome moita gracia o das vacas, jejeje.

oko disse...

eu non son millonaria excéntrica pero si me planteo o da marea no gran sol e o de vivir unha tempada con indíxenas dos de verdá. será que son unha utópica ou unha romántica

rui disse...

Eu estiven no gransol hai anos, mas non pescando. Farteime de comer bonito. Gustaríame facer esas cousas porque para min é aí onde a vida é máis auténtica, onde a sociedade é menos falsa, menos complexa, onde cada quen é o que é, non o que aparenta ser.