Hai semanas coma esta que comezan e rematan por p, de Portugal, bem seguro, p de Pessoa, p de Pissarro, que sendo el de nacionalidade holandesa tiña os antepasados orixinarios de Bragança. Delicia de probar cousas saborosas polos ollos. Tamén foi a semana do b, de Brassens, xa había tempo que non o escoitaba, e me segue emocionando coas suas rimas, con calquera dos seus temas Supplique pour être enterré à la plage de Sète, por exemplo. Ah, e tamén a semana dos as, a de aragonés e a de asturiano, e, como non, a de árabe, a de línguas descoñecidas, que xa non dan entrado na miña cabeciña escasa de neuronas. Semana de frío. Semana de incumprir os propósitos da véspera dende primeira hora da mañá. Semaniña normal, coma outra calquera, as cousas deliciosas xa as deixei escritas aquí, as noxentas non as escribirei para que non se volvan máis importantes do que en realidade son.
Tamén volveu abrir o restaurante que levaba pechado dende o comezo do ramadán, ese que só ten sardiñas, pescada e chocos, mas todo condimentado co sorriso da camareira en hidjab.
En fin, boa semaniña, para todos os que a comecen mañá. (Sim, para todas também)
3 comentários:
Eu tamén procuro deixar de escribir as noxentas e supoño que será polo que ti dis: para non darlles máis importancia da que teñen.
Boa semana.
Bigada. Vou ver se consigo. :)
Beijinhos para os dois!
Boa semaninha na Galiza e em Portugal.
Enviar um comentário