O carballo grande
Vivía afastado dos camiños forestais
non era de ningunha maneira unha árbore de profesión
nunca vira nin a sombra dun leñador
este gran carballo orgulloso no seu tronco
Tería coñecido días tecidos de ouro e seda
sen os seus viciños máis achegados, a pior xente que se poida atopar
as canas mal pensadas, nin sequera chegaban a ser bambús,
que se divertían a lle facer a vida imposible
Dende a mañá até á noite estes gomiños
que malamente chegaban á talla de canas de pescar, casi nin matasogras eran
andábanlle arredor cantándolle, in extenso
a fábula do carballo e da cana
E aínda que fose de madeira (nos carballos é cousa corrente)
a fábula non o deixaba indiferente
aconteceu que canso de ser o branco das suas bromas pesadas
decidiuse polo exilio
Con moito traballo sacou os seus grandes pes do burato
e marchou sen mirar atrás nin moito, nin pouco.
Mas eu que o coñecín, sei ben que sufriu
de deixar a ingrata patria.
Á beira dos bosques, o carballo aflito
iniciou a relación con dous namorados
"Gran carballo, deixanos enriba tua gravar os nosos nomes..."
o carballo grande non dixo non.
Cando houberon acabado o seu saco de bicos
cando de tanto bicarse os seus fuciños se gastaron
escoitaron entón, aguantando as bágoas
o carballo contando as suas desgrazas.
"Gran carballo, ven canda nós, atoparás a paz
as nosas canas teñen educación e non son nada caraduras.
Entre as nosas paredes terás unha estancia agradábel
regado catro veces ao día"
Dito isto, os tres se puxeron en camiño
cada namorado levando unha raíz na man
qué contento parecía! qué feliz parecía!
o carballo entre os seus namorados.
Plantárono ao pé da sua chabola
e foi entón que comezou o desencanto
xa que o único rego que tivo, foi a chuva
dos cans levantando a pata contra el.
Colléronlle todas as landras para alimentar os porcos
coa sua fermosa cortiza fixeron rollas
e cada vez que era ditada unha sentencia de morte
era el quen herdaba do aforcado
Logo estas malas xentes, un perfeitos vándalos
cortárono en catro e fixeronse unha cama
e a horribel bruxa como tivo unha chea de amantes
fíxoo envellecer prematuramente.
Á fin, un triste día, esta parella desalmada
pasoulle a machada e botouno ao lume
como leña dunha caixa, amargo destino!
morreu na cheminea.
O noso cura, santiño menesteroso
dubida que o seu fume se eleve até Deus.
Qué saberá o fulano, e quén foi o que llo dixo
que non hai carballos no paraiso? que non hai carballos no paraíso?
2 comentários:
ten que haber carballos. se non, non será paraiso
O paraíso sería difícil que fora paradisíaco, porque uns quérenlle dunas, outros montañas, outros praias e outros carballos. Menos mal que deus non existe senón ía ter un bo rompedeiro de cabeza, ao final ía mandar a todos para o inferno e que se apañara o demo con eles.
Enviar um comentário