sexta-feira, 17 de outubro de 2008
Un frío insólito
Os ruídos das patas das cadeiras rabuñando no meu teito, os choros intempestivos do bebé á metade da noite, as voces apagadas da televisión nas tardes de fin de semana e o ritmo dos golpes da cabeceira da cama contra a parede, todo iso desapareceu, así como se evapora o fume do tabaco levado por unha corrente de aire, o día que voltei cedo, un día anormal coma outro calquera, no que alguén roubara a esteira da miña porta e eu seguín subindo até á última planta onde topei unha terraza con antenas parabólicas oxidadas e baldosas despegadas por onde entraban os debuxos de humidade ao meu cuarto. E souben que todo fora mentira, e a corrente de aire deixou un frío insólito a me partir os ósos, e estouparon cen cargas de dinamita nos alicerces da torre de lóxica binaria e harmonía de ecuación diferencial que tantos anos me levara levantar.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
2 comentários:
Fantástico, é o frío da decepción, da desilusión, é o frío da perda.
merci. aprecio que che guste. e si, tes razón, tiña todo iso na cabeza e os poemas de Álvaro de Campos.
Enviar um comentário