Deixáchesme a tua marca, o teu perfume nos pulsos e no pescozo, como unha cadea que a ducha da mañá tentará romper até á próxima invasión tan desexada. E os camiños tan, tan inmensos que aínda nin comezamos a percorrer, agardan por nós sabendo que nunca chegaremos, que ficamos nos douscentos primeiros metros e voltamos á saída.
Que pouco pesan estas cadeas e que só me sinto cando baixas polas escaleiras, recollo a mesa e fago a cama. E aínda a música non é quen de afogar o eco das tuas mans apretándome.
Irei á cociña, a realidade da cebola fritida afastará de min este estado improdutivo, outonal.
2 comentários:
Ai as cebolas, as cebolas!!! :)
Cuanto máis se me apertan arredor da carne e dos beijos, máis libre me sinto.
Que me está pasando?
Enviar um comentário