domingo, 16 de novembro de 2008

Derdja

E díxenme eu durante a longa viaxe de volta a Arxel... non pode ser tan difícil unha língua, xa tenho árbore, xa tenho terra, e casa e luz, e auga e pedra, e ceo e mar. Xa podo comezar a construir un universo onde a árbore botar raíces sen secar, onde a casa estea quente pola noite, a pedra mantenha firmes os recordos, o ceo sexa o produtor incansabel de sonhos e o mar... o mar que me cure as feridas e me encha os pulmóns de esperanza.

shayara-ardh-dar-dho-ma-hidjara-smaa-bahr

Con menos medios hainos que até levantaran impérios, eu só pretendo construir un cuartinho pequeno nalgún recuncho virxe do cerebro (vai ser malo de topar) dende o que ver o mundo a través destas letras revirichadas.
الدّارجة

4 comentários:

carameleira disse...

maravilla soa!

oko disse...

será difícil mais será gratificante, de seguro

aínda que custa botar raíces

rui disse...

Soa a maravilla e me desespero de só coller palabras soltas nas conversas. Polo menos burro xa sei como se di en árabe e en cabil.

Non sei o que botarei aquí. Aos nenos lévalles dous anos aprender a língua, mas eu falo, e fálanme, as máis das veces en francés, entón é difícil. É coma ir ao País Basco, fálanche castelhano cando es de fóra, ez da erraza hizkuntza ikastea, zaharra ni bezala zaranean. Berrogei ta bat urte ditut!

A Conxurada disse...

Eu non creo que che sexa tan compricado atopar ese sitio.