sábado, 1 de novembro de 2008

Doces, moi doces, lembranzas salgadas

deitado na cama do hotel, mas non estaba só, tíñate a ti ao outro lado do teléfono e, agora cho confeso, contento de que estiveses tan lonxe para que non vises o rubio que me puxen cando me recitaches aquel textiño que escribira para ti, co teu acento cheo de escuma do mar facías marabillosas aquelas palabras que lidas por min semellaban un tratado de electrónica industrial. Fora unha honra... e unha verghoña. Nos seguíntes días respostaches coa cousa máis fermosa que ninguén me teña escrito nunca, con palabras que comezaban por a (non era alicates) e por b de borracho que coa salitre dos teus versos virábanse en salmón afumado no meu paladar, sal dos croques comidos na praia, sal que cura as feridas e abre o apetito. Muito bebera e muito te amara.

6 comentários:

Raposo disse...

Moito é o poder das palabras e mais si hai amor polo medio.

Anónimo disse...

...e el veña a tirare botellas ao mare... a auga do mediterraneo é choca, e iso fai que o sangue se calle. O calor desnaturaliza as proteinas. A auga salghada do atlántico e fria, iso espile o medo, e a perguiza, mantennos vivos e alerta. Bioquímica pura.

rui disse...

Raposo: muito, e mais na distância. En fin, bos recordos.

Anónimo: ben, se a auga do mediterráneo é quente sempre se pode tomar unha ducha de auga fría para compensar. E así coma outros lanzan pedras ao mar para velas dar chimpos na tona da auga... xa non recordo o que ía dizer. Electrónica pura!
Biquiños

Anabela Magalhães disse...

Uma beleza de texto, é o que te digo, Rui.
Eu tenho passado por aqui, a correr muito, envolta na luta de profs que tu já conheces de cor e salteado. :)
Fica bem
AH! E tenho de te agradecer nesta tua casa pelos 30!! Kakakakaka

Anónimo disse...

Esta noite estou a acabar a botella de porto. non é sen tempo, xa vai para un ano que apareceu na casa. Vou pensar que mensaxe lle escribo dentro, e pensarei tamén que mar deixarei que a arrole...
mekjeno alcol e mais nos alcolitos!
ecoloxía impura!

rui disse...

Anabela: já sei que desde o começo do ano escolar estás ao limite. A ver se o sábado em Lisboa são multidão e a senhora ministra ve a luz. Oxalá seja sábia para retificar.
O dos 30 só é mérito teu!

Anónimo: Buf, que malos che son os alcolitos! mas qué resistentes os cabróns. Ben, bótela onde a botes, non esquezas pórlle o corcho, senón vaiche ao fondo, e alí só hai peixes e sumarinos, e iso si que é bioloxía impura.