domingo, 9 de novembro de 2008

Fauna e roupa


Curioso, porque na foto non se mira a fauna nin a roupa, mas hainas, a roupa é a miña e a fauna a do oued, mesmo onte vin unha parella de bufos preciosos e os meus pantalóns a secar... Como non teño proba gráfica de ningunha das duas marabillas, deixo inmortalizados aos testigos que chegado o caso poderán corroborar o que digo.

5 comentários:

oko disse...

unha foto ben bonita!!!

rui disse...

Pena da cámara, o móbil non é gran cousa para as fotos de preto, as de lonxe e cun día ben luminoso saen ben. O que me chamou a atención son as pinzas da roupa, cómpralas e véñenche xa así, coas cores misturadas, penso que é desidia mas así son mais bonitas.

oko disse...

eu pensei que fora adaptación propia, o das cores! si que son máis bonitas así

paideleo disse...

Créocho !.

Raposo disse...

Con testigos tan serios como eses ninguén poñerá en dúbida as túas afirmacións.