E por fin chegou o frío! levaba toda esta semana traballando de manga curta, non por ser máis valente que ninguén, que ía un tempiño morno moi agradábel, mas o último día, o mércores, comezou a refrescar, e pola noite o edredón non era suficiente, así que onte xa prendín a calefacción. Non é que sexa a neve, dicían oito ou dez graos de mínima e dezaoito-vinte de máxima, mas nesta parte onde vivo, se é certo que no verán corre un ventiño que fai levadeiras as altas temperaturas, no inverno... tamén corre ese fodido ventiño e me leva a pouca calor que dá gardado esta casa vella. Como estou á beira do oued o aire aproveita este carreiro para ghavear dende as zonas baixas e lambe as tres paredes exteriores máis a terraza roubándome as calorías. Ben, é unha especie de troco, non é que mas roube, cámbiamas por frigorías.
E na rúa, mi madriña, xa saiu a xente cos abrigos, dixen eu, carallo, parece que estamos na Suíza, eu coa miña chaquetiña de verán e o persoal xa con estes chaquetóns. Mas non é de extrañar, nin é a primeira vez que tal me acontece, o ano pasado en Euskal Herría fora moito peor, era o mes de novembro e si que pasei frío, como en Galiza andavamos co verán de sanmartiño só levara a chaqueta de marras e ao chegar alí... brrrrrrrrrr, unha mañá voltando das festas de Ormaiztegi caíume a xiada por riba mentres agardaba polo tren, menos mal que o corpo era unha caldeira a queimar cacique e cervexa. (A xiada é o único mal recordo que me quedou desa vila, o resto todos caralludos)
Millóns de bicos á xente do Goiherri. Jende jatorra Goiherrian daude, ongi hartu naute, lagun bezala. Hara bueltatzeko gogoa dut.
3 comentários:
a min xa me dixeron que se superei o frío de bilbao, aturarei ate o de rusia
non será tanto, pero case
este ano os fríos xa chegaron outravolta
Por aquí tamén atacan as " frigorías " que ben bautizas ti.
Un saúdo e a abrigarse.
Oko: si chegaron mesmo por estas terras do sur, mas bastante máis suaves que aí en Euskal Herría, mon amour, neure biotzan dago. Teño tan bos recordos dese pais, e tantas saudades del...
Paideleo: mas eu non preciso abrigho! sonche un home do norte! (e logho apaño cada resfriado de carallo)
Saudiños
Enviar um comentário